IOGA E ALIÑAMENTO
🕦 Tres grupos:
Martes 17:00 - 18:30
Martes 18:30 - 20:00
Xoves 12:00 - 13:30
🎫 38 € / mes
🔊 Os grupos comezan o 3 e 5 de setembro. Vén probar a primeira clase gratis!
Se vés con crianzas ou persoas dependentes, farémonos cargo de que estean atendidas e a gusto! (De balde para as matrocinadoras e 3€/sesión para as non matrocinadoras)
🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.
DESCRICIÓN:
Este obradoiro é unha invitación a recoñecer, autoexplorar, nomear e identificar as diferentes partes do noso corpo.
A través de diversas técnicas procedentes das ensinanzas do ioga, preténdese adquirir maior consciencia corporal, hábitos de autocoidado e amor cara unha mesma.
Realizaranse traballos de apertura, creación de espazo, fortalecemento e aliñamento sempre utilizando a atención consciente ao corpo e á respiración como ferramentas coas que abordar as diferentes propostas e accións a executar.
MARÍA REGUEIRO:
Con María Regueira, diplomada pola Asociación Internacional de profesores de Yoga Sananda ( A.I.P.Y.S.) en estudios teóricos e prácticos de Hatha ioga en 2013. En 2014 comeza a súa traxectoria na práctica e coñecemento de ioga Iyengar, na que continúa ampliando formación. Durante 6 meses visita varios Ashram en India practicando asanas e técnicas meditativas. Dende 2014 imparte clases regulares en diferentes centros de Vigo.