CAPOEIRA ANGOLA
PAOLA KYANDA
🗓️Sábado 23 de novembro de 10h a 14h
🎟️40 € / 35€ para matrocinadoras
🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.
A capoeira é unha arte ancestral de orixe africana que creceu en Brasil durante o período de colonización e está presente en todo o mundo.
Combina, na súa esencia, loita marcial, xogos, danza, música a través de cancións e instrumentos de percusión.
O obradoiro propón estimular a percepción do corpo, do ritmo e da musicalidade no exercicio individual e colectivo, nas relacións, no xogo, no círculo.
CON PAOLA KYANDA
Paola Kyanda naceu en Salvador, (Bahía, Brasil). Capoeirista dende 2013, bailarina e instrutora de Ioga. Forma parte do Movemento Mulleres do Mar, de Barra Grande Bahia Brasil.
Formouse no curso de danza técnica da Fundación de Cultura do Estado da Bahia - FUNCEB - (2016)