DANZAS URBANAS
Este curso temos dous obradoiros novos con Eva Comesaña, que nos propón explorar as diferentes danzas urbanas, así como outras técnicas contemporáneas coas que xogar, disfrutar e compartir. A través do freestyle permitirémonos non coaccionar a creatividade, comunicarnos libremente e dar paso ao desafogo emocional.
Os dous grupos están pensados para rangos diferentes de idade:
🔺ADOLESCENTES E MOCIDADE:
Traballarase dende o agarimo e a colectividade, achegándonos ás danzas nacidas nun ambiente social e de reivindicación a finais dos anos 70´s no Bronx como xeito de expresión artística xunto ao rap, o graffiti e o Dj. Indagaremos no Hip Hop, que ten coma danzas o breaking, hip hop freestyle, popping e locking. Tamén falaremos e tocaremos outras danzas sociais e de clubbing como son o waacking e house.
🕦 Os martes de 20:00 a 21:00
🎫 30€ ao mes
🔊Empeza o 17 de setembro. Vén probar a 1ª clase gratis !
🔻PERSOAS ADULTAS:
grupo dirixido a persoas adultas, ademais de achegarnos ás distintas danzas sociais mencionadas, incorporaremos a improvisación, floorwork, composición instantánea…coas que facer un percorrido corporal para chegar a un movemento máis inconsciente, orgánico e propio.
🕦 Os mércores de 19:30 A 21:00
🎫 35€ ao mes
🔊 Empeza o 18 de setembro. Vén probar a 1ª clase gratis !
EVA COMESAÑA
Eva Comesaña Sanromán , bailarina, creadora, docente, activista, Dj e xestora cultural.
Formada en danzas urbanas, danzas africanas e danza contemporánea, facendo parte do programa Oficina Zero 23/24 no Porto.
Como creadora, formou parte da compañía de danza e música Beehive; colaborou en videos musicais e video-danza, así como en creacións propias coma a peza "Dentro de min", "O Lavadoiro", performance de rúa xunto á bailarina Marcia Vázquez, o solo "TerraFIRME", "Como alabar en voz alta" e "Perder a lingua", peza para salas e teatros xunto a Rubén Fernández (músico) e Eva Antelo (artista visual)
Formou parte do grupo de experimentación e impro Sinerxias que mestura música en directo, poesía, voz e danza nun proceso de creación a través da improvisación.
Co-fundadora da asociación 85C, colectivo feminista de artistas galegas.
Programadora e creadora dos proxectos Macarena War, Teatro Gorrila, Ciclicka e Solos que danzan.