DRAMATURXIA DA RAÍZ

🗓️ Sábado 5 de abril de 11:00 a 14:00

🎟️ 30€

🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.

Obradoiro de creación sobre os espazos que habitamos e o seu impacto nos nosos corpos e comportamentos, impartido pola dramaturga Diana Longa @‌artemxsgz e a actriz Andrea Pico @‌andreapicosanmartin.

A formación está pensada para persoas afeccionadas das artes escénicas e xente que nunca tivo ningún contacto coas táboas, mais son benvidas as máis experimentadas que queiran descubrir as posibilidades creativas desta temática.

O obradoiro dura tres horas, nas que estaremos creando, xogando na escena e pasándoo xenial.