MAJO

Majo é a responsable da área de xestión e administración. Diplomada en Graduado Social, desenvolve diversos traballos ata asentarse durante 16 anos no departamento de contabilidade dunha empresa da rama da hostalaría. Tras serlle diagnosticado Alzheimer a súa nai, asiste a diversos cursos de formación nos coidados de persoas con esta enfermidade e a grupos terapéuticos de coidadoras nos que descobre a necesidade dun sitio coma A Morada.