PATIO DE PRACER CON-SENTIDO

Señora Placerful

🗓️ Todos os ÚLTIMOS martes de cada mes de 19:00 a 20:30

🎟️  Espazo non mixto e de balde

Esta é unha proposta de crecemento persoal a través do encontro con outras mulleres, sempre nun espacio de confianza e seguro.

É un patio temporal de intimidade no que nos conectaremos coa nosa erótica global e o “botrato”, dende o corpo, poñendo os coidados no centro.

Mediante dinámicas individuais e grupais, removeremos conciencias, patróns e roles adquiridos que en ocasións son limitantes e nos afastan do pracer e dunha vivencia máis libre e plena da nosa vida, e por tanto, da nosa sexualidade.

Con Señora Placerful: Cheché (María García), activista do pracer. Tamén socióloga, sexóloga en terapia de reencontro, educadora afectivo-sexual, e diplomada en dereitos sexuais e reproductivos das mulleres.

Baixo un enfoque feminista, traballo con adolescentes e persoas adultas en torno á sexualidade, entendida como unha dimensión fundamental da nosa vida e que debemos tratar como unha cuestión de saúde persoal, relacional e comunitaria.