
PATIO DE VECIÑAS
Espazo para rosmar, intercambiar saberes e gozar en comunidade
PATIO DE ROSMONAS
Os mércores de 18:15 a 19:15
De balde e aberto a todas as veciñas, sexades ou non matrocinadoras.
Espazo non mixto.
Un espazo onde poder rosmar en colectividade, dinamizado por Majo, a rosmona maior.
Un grupo de rosmonas para falar en alto destas situacións da vida diaria que nos fan rosmar nun momento dado, que nos acenden, que nos indignan ou confunden, pero que non temos con quen desafogalas en alto. Aínda que só sexa para sacalas da cachola, ou quen sabe se para preparar unha acción que converta o rosme en berro.
Esta é unha proposta de crecemento persoal a través do encontro con outras mulleres, sempre nun espacio de confianza e seguro.
É un patio temporal de intimidade no que nos conectaremos coa nosa erótica global e o “botrato”, dende o corpo, poñendo os coidados no centro.
Mediante dinámicas individuais e grupais, removeremos conciencias, patróns e roles adquiridos que en ocasións son limitantes e nos afastan do pracer e dunha vivencia máis libre e plena da nosa vida, e por tanto, da nosa sexualidade.
Con Señora Placerful : Cheché (María García), activista do pracer. Tamén socióloga, sexóloga en terapia de reencontro, educadora afectivo-sexual, e diplomada en dereitos sexuais e reproductivos das mulleres.
PATIO DE PRACER CON-SENTIDO
Todos os últimos martes de cada mes de 19:00 a 20:30.
De balde e aberto a todas as veciñas, sexades ou non matrocinadoras.
Espazo non mixto.
WIKIMORADA: grupo de editoras da wikipedia
Os primeiros martes de cada mes de 18h a 21h
(Vén cando queiras, non é preciso estar as 3 horas)
De balde e aberto a todas as veciñas, sexades ou non matrocinadoras.
Espazo non mixto.
Trae o teu ordenador.
Unha vez ao mes, reunímonos para aprender xuntas a editar e crear artigos na Wikipedia. O obxectivo de WikiMorada (e da súa irmá grande Wikiesfera) é reducir a fenda de xénero que hai na Wikipedia. Anímate a editar!
Contamos cunha pequena biblioteca con libros de autoras moi diversas: novela, poesía, banda deseñada, ensaio, pensamento feminista…
Están disponibles para ler no noso local pero tamén, se es matrocinadora, podes levalos para casa.