PERINEO
ANNA PALAZÓN
🗓️ SÁBADO 5 DE OUTUBRO DE 10:30 A 12:30
🎟️ 30€
Partindo da metodoloxía creada por Núria Vives, “Periné, integración e movemento®”, este obradoiro utiliza unha metodoloxía e unha linguaxe procedentes da observación sen xuízos e da escoita dos grupos de persoas que participan nas sesións. Co obxectivo de facilitar a percepción, o movemento e a integración do perineo na vida cotiá.
Traballamos dende:
🌼 ESCOITAR O CORPO: acoller e recoñecer as sensacións do momento, sen expectativas e sen xuízo. A atención é un instrumento para espertar a sensorialidade da zona. RESPECTO polo propio ritmo.
🌼 Pon ATENCIÓN Á RESPIRACIÓN, e observa onde se manifesta espontáneamente, sen limitala con normas técnicas. A inspiración e a expiración son aliadas do perineo.
🌼 A RELAXACIÓN é importante para preparar o perineo antes e despois de activalo/tonificalo. Relaxa, flexiona e tonifica.
🌼 DISOCIACIÓN e COORDINACIÓN, en diferentes posicións e movementos do perineo cos seus músculos veciños. A combinación de ritmos lentos e rápidos para activar todas as fibras musculares do perineo. Os cambios de posición comportan a participación de todo o corpo.
🌼 A INTEGRACIÓN DA PELVIS E O PERINEO NO MOVEMENTO E A VIDA DIARIA. A relaxación do perineo en situacións habituais, así como a súa activación cando sexa necesario.
🌼 DESCOMPRESIÓN ABDOMEN-PERINA, para reducir as presións da vida diaria.
🌼 ANATOMÍA, precisa e simplificada, como base e apoio que axude a recoñecer o que se sente... a partir da EXPERIENCIA PRÁCTICA e da SENSORIALIDADE para comprender o funcionamento do perineo e do corpo.
Convidaremos á escoita corporal, ao movemento pracenteiro, á confianza nas propias percepcións... Unha sesión acolledora, estimulante, sen xuízos.
É UN OBRADOIRO MOI LÚDICO E MOI PRÁCTICO, NO QUE LEVARÁS ESTRATEXIAS PARA O TEU DÍA A DÍA.
Impartido por: Anna Palazón @annapalazon, única persoa certificada en Galicia para impartir o método “Perine, integración e movemento®”
🎯Dirixido a persoas de calquera idade e xénero, interesadas nesta metodoloxía e en promover a propiocepción nesta zona do corpo.